13 sept 2010

Faite socio da ANPA

Para poder participar nas actividades organizadas pola ANPA é necesario facerse socios. A cota de socio é de 25 € por familia.

Para aboar esta cota é necesario facer un ingreso no número de conta da ANPA.
Concepto: COTA ANPA Nome e Apelidos d@ nen@

O número de conta podédelo consultar a calquera dos membros da ANPA no colexio, ou ben preguntalo por correo electrónico na dirección: anpa.athenea@gmail.com.

Despois de ter aboado a cota no banco, debedes entregar unha copia do recibo do abono no local da ANPA ou ben mandalo por correo electrónico á conta da ANPA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario