22 abr 2011

REBAIXA DOS PREZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

Tras percibir a subvención para os comedores escolares, desde o mes de abril (incluido) ata o mes de xuño, os importes do servizo de comedor e madrugadores sofren unha rebaixa:



Comedor:



  • 3 € por neno e día
Madrugadores:


  • Con almorzo: 3 € por neno e día

  • Sen almorzo: 2 € por neno e día

13 oct 2010

Novas propostas: HOCKEY E PATINAXE

Para os que esteades interesados, o Club de Hockey Compostela ofrécenos a posibilidade de dúas novas actividades: Hockey e Patinaxe.
Para máis información preme aquí.

6 oct 2010

ATENCIÓN: NOVA ACTIVIDADE - BALONMÁN


Dende a ANPA estamos tratando de poñer en marcha a actividade de balonmán para nenos e nenas a partir de 8 anos.

Temos xa a previsión do horario, para os mércores de 16:00 a 18:00 e un prezo de 10 € ao mes.

A actividade comezará o mércores 20 de outubro

Animádevos a participar!!!!

Mais información aquí

Se estades interesados, anotádevos no local da ANPA ou enviade un correo electrónico a: anpa.athenea@gmail.com

28 sept 2010

menús de outubro xa na web

Xa están á vosa disposición os menús do comedor do colexio correspondentes ao mes de outubro, e que podedes consultar na sección do comedou ou premendo aquí.

13 sept 2010

Queredes recibir novas da ANPA no voso enderezo electrónico?

Todos aqueles pais e nais que queirades recibir as notificacións da ANPA mediante correo electrónico, por favor mandade os vosos datos á dirección anpa.athenea@gmail.com

Os datos que precisamos son:

  • O voso nome e primeiro apelido
  • O nome e apelidos do voso fillo ou filla. Se hai máis dun irmán no centro, o nome de todos eles.
  • O curso no que están matriculados
  • As actividades do voso interés

A todos os que esteades interesados, enviarémosvos os menús do comedor cada mes.

Faite socio da ANPA

Para poder participar nas actividades organizadas pola ANPA é necesario facerse socios. A cota de socio é de 25 € por familia.

Para aboar esta cota é necesario facer un ingreso no número de conta da ANPA.
Concepto: COTA ANPA Nome e Apelidos d@ nen@

O número de conta podédelo consultar a calquera dos membros da ANPA no colexio, ou ben preguntalo por correo electrónico na dirección: anpa.athenea@gmail.com.

Despois de ter aboado a cota no banco, debedes entregar unha copia do recibo do abono no local da ANPA ou ben mandalo por correo electrónico á conta da ANPA.

12 ago 2010

Inicio do comedor o 10 de setembro!!!

O próximo día 10 de setembro, coincidindo co primeiro día do curso escolar 2010-2011, iniciarase o comedor. Os que esteades interesados deberedes solicitalo no restaurante Barrigola antes do día 7 de setembro

9 nov 2009

Actividades extraescolares, madrugadores e comedor nas vacacións de Nadal??

De cara ás próximas vacacións de Nadal, poñemos á vosa disposición unha enquisa (na marxe esquerda deste blog) para determinar a necesidade de organizar para ese período, actividades extraescolares para os nenos e nenas.

Se estades interesados na organización destas actividades, rogamos votedes ese interés, xa que en función dos votos recibidos, decidiremos a organización das mesmas.

Ademáis das actividades, precisamos coñecer se ides necesitar o uso do comedor e do servizo de madrugadores durante o mesmo período.

O prazo para votar remata o 30 de novembro.

Grazas pola vosa colaboración!

8 oct 2009

Estreamos sección na web!!

Hola a todos!
Vimos de estrear unha nova sección na nosa web. Trátase dunha sección na que iremos colgando todos os recursos educativos e xogos para nenos de educación infantil e primaria, para que poidades aproveitalos cos nenos e nenas na casa.
A sección chámase Xogos e Actividades on-line, e podedes acceder a ela premendo aquí.

Se atopades algún contido de interés para esta sección estaremos encantados de engadilo.

A xogar!!!